Quantcast
Channel: O levantador de minas » Alfredo Ferreiro
Viewing all articles
Browse latest Browse all 71

O levantador de minas de mudanza

$
0
0

Hoxe teño que anunciarvos que O levantador de minas continúa a súa andaina no servidor da nosa empresa, Algueirada SL (primicia: en breve Algueirada S. Coop. Galega). O novo enderezo é:

olevantadordeminas.algueirada.com

Felizmente,  acabamos a ceder Blogaliza ao seu creador orixinal e antigo socio de Algueirada, Pedro Silva, representante da Asociación Cultural Blogaliza. Isto está a permitir que este servizo de blogues gratuíto en galego, referencia no país,  poda ser actualizado e optimizado adecuadamente, algo que por falta de medios técnicos desde a nosa empresa non era posíbel.

As razóns persoais que me levan a mudar o blogue de servidor son de carácter práctico, e teñen que ver exclusivamente coas miñas necesidades actuais de experimentar e aprender na xestión do WordPress. Continuarei, como é evidente, presente na Blogaliza en varios blogues relacionados con proxectos individuais e colectivos.

Así as cousas, todos aqueles que vimos ao mundo blogueiro arrolados polos brazos maternais da Blogaliza podemos polo momento ficar tranquilos: mamá está de novo na casa.

Ante calquera dúbida, podedes contactar no correo info@blogaliza.org, ou no twitter @blogaliza.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 71

Latest Images